Autismo Vigo beneficiaria do programa de subvencións do Concello de Vigo para o Fomento do Emprego en entidades sen ánimo de lucro

A Asociación Autismo Vigo participa no programa de Subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro convocadas polo Concello de Vigo neste 2019. Grazas a esta iniciativa o Concello colabora no financiamento dos gastos derivados da contratación da profesional que está a desenvolver o proxecto «Mellora e potenciación de servizos de Autismo Vigo».

O Concello de Vigo colabora deste xeito no financiamento dos gastos de contratación e o fomento do emprego da Asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.