Proxecto de intervención en benestar emocional de persoas con autismo

Autismo Vigo pon en marcha un proxecto de benestar emocional en persoas con autismo destinado a apoiar aos/ás usuarios/as da Residencia O Salgueiro. Este proxecto é posible grazas a unha  subvención  da Consellería de Economía, Emprego e Industria  da Xunta de Galicia enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020 nunha porcentaxe do 91,89%.

Descrición

As persoas con autismo teñen dificultades para procesar as emocións e algunhas das reaccións que poden amosar son ansiedade, medo, déficits sociais, inestabilidade emocional ou depresión. En consecuencia, estas persoas atópanse expostas a unha sobrecarga sensorial

Para apoiar e acompañar estas situacións potencialmente nocivas, Autismo Vigo pon en marcha este proxecto que contribúe a:

  • Traballar técnicas para a regulación emocional.
  • Proporcionar un benestar físico.
  • Deseñar unha contorna «segura» e  predicible, onde os cambios se produzan de forma paulatina.
  • Permitir o control desta contorna.
  • Respectar os intereses das persoas usuarias.
  • Fomentar a empatía e axudar a «poñernos no seu lugar».

Este proxecto ten como obxectivo prestar apoio activo ás persoas usuarias da Residencia O Salgueiro, evitando situaciós potencialmente nocivas no eido emocional.

O resultado é a mellora da calidade de vida e benestar emocional destas persoas.

Procedemento:

TR352C  Subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro. Orden do 2 de maio de 2018 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018).