Grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, ao longo deste 2025 Autismo Vigo está a desenvolver un proxecto de equinoterapia dirixido a persoas adultas con TEA.
Entre os beneficios físicos da equinoterapia destacan o desenvolvemento do tono muscular por traballar varios músculos á vez, o incremento da forza, a resistencia, o equilibrio e a coordinación e a mellora da destreza motora.
En canto aos beneficios psicolóxicos, a equinoterapia permite a estas persoas asociar as sensacións físicas con novas reaccións psicolóxicas, en relación con eles mesmos e coa contorna. Case todas estas sensacións están relacionadas coa área psicoafectiva, ainda que tamén coa estimulación cognitiva e coa expresividade. Neste senso a equinoterapia incrementa a autoestima e a seguridade, fomenta a autonomía e o autocontrol, mellora a comunicación, potencia a concentración e a atención e desenvolve o respeto polos animais.
Moitas grazas á Deputacion de Pontevedra por facer posible este proxecto, unha actividade fundamental para Autismo Vigo.
