Dous novos proxectos con cargo ás axudas de Política Social.

Autismo Vigo desenvolveu ao longo deste ano 2020 dous proxectos financiados con cargo a convocatoria de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas. Esta liña de subvencións, no seu tramo autonómico esta xestionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Os proxectos seleccionados e executados foron:

  • Intervención con persoas con TEA en contextos naturais (finaliza en setembro)
  • Prevención e atención para un envellecemento activo en persoas con TEA (finalizado en xuño)

 

Procedemento:  BS623D – Convocatoria subvenciones destinadas a la realización de programas de interés general para fines de carácter social, con cargo asignación tributaria del 0,7% del IRPF (DOG nº 174 del 13 de septiembre de 2019)