Autismo Vigo pon en marcha un proxecto de intervención en habilidades cognitivas en persoas con autismo destinado a apoiar aos/ás usuarios/as da Residencia O Salgueiro.
Este proxecto é posible grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia enmarcada dentro do Programa operativo de emprego xuvenil , cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.
Descrición
O Autismo implica a presenza de alteracións tales como:
-Alteración da comunicación.
-Comprensión do outro.
-Interacción cos demais e habilidades sociais.
As persoas con autismo non presentan necesariamente capacidades intelectuais inferiores, pero si aparecen dificultades de aprendizaxe debidas a unha resposta anormal á estimulación sensorial. Esta resposta anormal é coñecida como hipersensibilidade sensorial, é dicir, a persoa con autismo pode chegar a atender selectivamente a estímulos concretos (a un único compoñente da información sensorial) mentras que ignoran outros importantes.
Estas características poden impedir que se produzan as aprendizaxes. Necesitan polo tanto no seu proceso de aprendizaxe características e elementos especiais que lles permitan desenvolver o seu potencial.
Este adestramento ten que centrarse nas Funcións Executivas (FE), que son esas funcións que axudan a desenvolver as habilidades para aprender. Entre elas inclúese a planificación, a memoria de traballo, a atención, a flexibilidade cognitiva, etc.
Neste marco desenvolvese este proxecto, co obxecto de apoiar ós usuarios da Residencia O Salgueiro nunha intervención baseada en:
- Facer unha planificación diaria.
- Aumentar a flexibilidade na resolución de problemas.
- Aumentar a flexibilidade na linguaxe.
- Desenvolver a atención, a memoria, a planificación e as habilidades cognitivas.
O resultado é a mellora da calidade de vida e benestar emocional destas persoas.
No que respeta aos traballadores contratados, o proxecto ten como obxectivo que éstes adquiran experiencia profesional e un maior coñecemento do colectivo das persoas con TEA, á fin de que acaden como resultado un incremento das súas opcións de integración no mercado laboral.
Procedemento:
TR352C Subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro. Orden do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).