Nova furgoneta adquirida grazas aos fondos da Unión Europea MRR (Mecanismo de Recuperación e Resilencia

A Asociación AUTISMO VIGO foi unha das entidades beneficiarias da “Axuda NextGenerationEU a entidades de iniciativa social, que presten servizos a persoas dependentes ou con discapacidade, para a adquisición de vehículos 2023”.

AUTISMO VIGO obtivo esta subvención, a través da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, quen apoiou esta actuación. O vehículo adquirido grazas a estes fondos da Unión Europea MRR (Mecanismo de Recuperación e Resilencia) foi unha furgoneta OPEL Zafira-E Life eléctrica de 8 prazas.

Os obxectivos que se perseguen con esta axuda é que os usuarios da Asociación poidan gozar dunha vida máis normalizada podendo realizar as saídas necesarias para o devandito fin: asistir a actividades, excursións, campamentos, equinoterapia, programas de lecer… e, no caso particular dos residentes de O Salgueiro (Gondomar), participar tamén nas saídas habituais de compras ao súper ou farmacia ou poder acudir ao centro de saúde.