O programa de Respiro Familiar benefíciase das axudas da Deputación de Pontevedra

Autismo Vigo resultou beneficiaria dunha axuda da Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento do programa “Respiro Familiar e Calidade de vida para persoas con autismo”

O programa resultou seleccionado na convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra no ano 2019 establecida pola Deputación de Pontevedraa (BOPPO nº 54 do 18 de marzo de 2019)