Autismo Vigo foi beneficiaria da axuda da Consellería de Promoción de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia para o financiamento de accións para fomento de emprego. Como resultado e ao abeiro deste programa de cooperación institucional, Autismo Vigo procedeu á contratación de 3 persoas traballadoras para a implementación do servizo “PROXECTO DE INTERVENCIÓN PARA A MELLORA DAS HABILIDADES ADAPTATIVAS EN PERSOAS CON TEA”.
Procedemento: TR352A .- Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.
Norma reguladora: Orde do 4 de agosto de 2025 publicada no DOG nº 157 do 19 de agosto de 2025.
