Programa de Cooperación da Xunta de Galicia

Autismo Vigo foi beneficiaria da axuda da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o financiamento de accións para fomento de emprego. Como resultado e ao abeiro deste programa de cooperación institucional, Autismo Vigo procedeu á contratación de 4 persoas traballadoras para o desenvolvemento da iniciativa “PROXECTO DE INTERVENCIÓN CONDUCTUAL GLOBAL EN PERSOAS CON T.E.A”

Procedemento: TR352A .- Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

Norma reguladora: Orde do 31 de xullo de 2023 publicada no DOG nº 152 do 10 de agosto de 2023 ).