Programa de Prevención e apoio en hábitos saudables

Entre os meses de setembro e decembro 2021 Autismo Vigo desenvolveu na residencia O Salgueiro a continuidade do proxecto de prevención e apoio en hábitos saudables para persoas con TEA grazas a unha a axuda da Deputación de Pontevedra.

A iniciativa foi dirixida a mellorar a calidade e a calidez da atención ás persoas usuarias do centro. Para iso traballouse na sensibilización do persoal e no fomento da detección precoz de signos de deterioro, á fin de favorecer un envellecemento saudable. O foco en accións dirixidas ao mantemento das competencias de cada persoa contribúe notablemente a ralentizar, no posible, os síntomas de envellecemento prematuro nas persoas con TEA.