Proxecto de apoio e intervención nas actividades da vida diaria de persoas con TEA

Autismo Vigo foi beneficiaria da axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o finaciamento de acción de fomento de emprego. Como resultado, ao abeiro deste programa de cooperación institucional, esta asociación procedeu á contratación de 4 persoas traballadoras para o desenvolvemento do programa Proxecto de apoio e intervención nas actividades da vida diaria de persoas con TEA.

Procedemento:

TR352A   Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social   Orde do 12 de setembro de 2019 ( DOG nº 184 do 27 de setembro de 2019 ).