Autismo Vigo desenvolve estes meses na residencia O Salgueiro un proxecto de prevención e apoio en hábitos saudables para persoas con TEA grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra. A iniciativa, baseada na prevención, ten como obxectivo contribuir ao benestar e envellecemento saudable destas persoas.
O proxecto desénvolvese a través de intervencións individuais ou de grupos pequenos, atendendo ás capacidades iniciais dos beneficiarios e ós seus centros de interese e traballando parámetros de saúde medibles. Contempla controis e chequeos de saúde semanais, exercicio diarios na área biosaludable da Residencia e obradoiros multisensoriais individuais para activar e controlar a sobrestimulación.