Proxecto de prevención do deterioro cognitivo en persoas con TEA

AUTISMO VIGO desenvolveu entre xaneiro e setembro de 2020 o “Proxecto de prevención do deterioro cognitivo en persoas con TEA”. Foi un Proxecto subvencionado pola XUNTA DE GALICIA – CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL.

O TEA acompaña á persoa ao longo de toda a súa vida, aínda que as súas manifestacións e necesidades cambien en función das distintas etapas do desenvolvemento (infancia, adolescencia, vida adulta e vellez) e das experiencias adquiridas. Cada vez son máis quen supera a mediana idade e comeza a envellecer. Ademais, as comorbilidades e dificultades para autorregular a súa saúde fannos máis vulnerables e con maior risco de deterioro cognitivo precoz.